martes, 16 de maio de 2017

Letras Galegas: lembrando a Carlos Casares con Antón Mascato

Hoxe, víspera das Letras Galegas, recibimos unha visita (outra!) moi especial.
Chegou á nosa biblio Antón Mascato, meco, filólogo, editor e amigo persoal de Carlos Casares.
Contounos moitos detalles que non coñeciamos da vida do escritor.
Parece ser que malia a súa apariencia de home serio, seguía a conservar moito do neno que foi, sempre argallando e facendo falcatruadas.
Falounos Antón dos valores e ideais fundamentais na vida de Casares, que aparecen constantemente na súa obra: a solidaridade, a liberdade, a amizade, a defensa do galego...

Gustounos moito saber do autor de boca dalguén tan próximo, nun relato cheo de cariño e admiración.

Unha boa maneira de celebrar o Día das Letras Galegas, aínda que xa sabedes, o día das letras é todos os días.


ESTRELA

P.D: non credes que a Real Academia da Lingua ten algo esquecidas ás mulleres ? . Botade un ollo aos homenaxeados de cada ano e opinade.



Ningún comentario:

Publicar un comentario